Durante estas semanas o alumnado do centro estivo traballando arredor da figura de Florencio Delgado Guirrán, homenaxeado neste ano no día das Letras Galegas. Aquí vos deixamos unha mostra das produccións do alumnado e un pequeno vídeo do acto celebrado en conxunto, que comezou cunha breve presentación a cargo do alumnado de sexto de EP, a continuación os nenos/as desfrutaron cantando e bailando unha versión do poema "Aí ven o maio". Para rematar quixemos rendirlle unha pequena homenaxe á nosa bandeira Galega, tal e como facía o autor a través do recitado do seu poema "Salve" así como no peche do acto, onde cada alumno participou na creación colaborativa deste símbolo.
LAP BOOK COLABORATIVO
AUDIO IV CONCURSO DE PODCAST RADIO NA BIBLIO -Alumnado 5º Educación Infantil.
Premede na imaxe para escoitar
PRESENTACIÓN: ACTO LETRAS GALEGAS 2022

Ningún comentario:
Publicar un comentario