Hoxe o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou nunha sesión de contacontos ilustrado, promovido por la Xunta de Galicia e moi ligado programa Donas de si do Plan Proxecta, no que o noso centro participa.
A actividade estivo a cargo de Tania Solla e Enrique Mauricio do colectivo Polo Correo do vento. A rapazada puido desfrutar dun contacontos ilustrado centrado na biografía da oceanógrafa Ánxeles Alvariño, tamén tiveron a oportunidade de converterse en verdadeiros ilustradores. Unha experiencia moi entretida e enriquecedora!
https:www.xunta.gal/notas-de-prensa
Ningún comentario:
Publicar un comentario