O luns 7 de febreiro contamos na nosa biblioteca coa presenza de Benxamín Míguez Novoa, gran debuxante e contador de historias.
Os alumnos/as de 1º e 2º curso de Primaria desfrutamos moito escoitando as súas historias, nas que os protagonistas foron tres alumnos/as do público: Irune (2º), Marco (1º) e Sira (1º). Metéronse no papel dun neno moi presumido, unha nena moi medrosa e unha moi valente.
Despediuse dicíndolle a rapazada que lles pedisen aos pais e avós que lles contasen moitos contos e historias! Animádesvos?
Ningún comentario:
Publicar un comentario