Páginas

venres, 19 de decembro de 2025

Debate literario

Esta semana o alumnado de 4° curso de primaria, levou a cabo na biblioteca do centro un modesto debate literario sobre "Bruxa e familia".
O debate puxo de manifiesto a diversidade de interpretacións que pode xerar unha mesma lectura, xa que cada neno e nena aportou o seu punto de vista persoal, enriquecendo a comprensión colectiva do libro. 

Ademais, fomentouse o pensamento crítico ao animalos a xustificar as súas opinións. A cativada participou con entusiasmo nesta actividade!





xoves, 18 de decembro de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

 Un ano máis acercámosvos as recomendacións lectoras para este Nadal. Esperamos que as desfrutedes!

Dende o Equipo de biblioteca desexámosvos que teñades  un BO NADAL e que o 2026 veña cheo de ledicia.