Non todos os camiños son chans, pero iso non impide que sigamos avanzando cara o noso obxectivo. Dende o centro, pretendemos poñer en valor a nosa lingua, pero aquela que non fai dano, senón que alenta. A violencia non é só física, polo que como conmemoración do 25N decidimos retirar, de xeito simbólico, aquelas "pedras" en forma de expresións tradicionais que infravaloran ás mulleres. Démoslle a volta e tornámolas en mensaxes positivos dos que cada aula fixo a súa lectura en voz alta. Rematamos o acto cantando " Que non mo neguen" do grupo Tanxugueiras.
martes, 26 de novembro de 2024
domingo, 24 de novembro de 2024
Día da Música
22 de novembro, Día da Música. Como sabedes, o PDI deste curso está adicado ao camiño de Santiago e a posta en valor da nosa fala e tradicións. Amais, tendo en conta que o día das Letras Galegas está adicado este ano ás cantareiras, non se nos ocorreu mellor forma de celebrar esta xornada, que comezar a aprender sobre os costumes destas mulleres e os instrumentos que utilizaban. Fixémolo da man de Tareixa, mestra de profesión e cantareira de corazón. Mil grazas por acudir de novo á nosa chamada e mostarnos esta valiosa maneira de facer música!
martes, 19 de novembro de 2024
Roteiros: Primeira etapa do camiño
"Pasiño a pasiño faise o camiño" Enmarcado tanto no PDI anual do centro coma no Proxecto vida activa e deportiva, iniciamos hoxe as primeiras etapas da nosa peregrinaxe cos seguintes percorridos: Infantil Ponte de Traba - Xei; 1º ciclo de Primaria: San Martiño - Xei e 2º e 3º ciclo: Testal - Xei. Unha xornada na que se misturou aprendizaxe, convivencia, deporte e moitos bos momentos!
venres, 8 de novembro de 2024
MAGOSTO 2024
Ao mal tempo, boa cara! E se a isto lle sumamos castañas, xogos e boa compaña, o resultado é a celebración do Magosto no CEIP Portosín
venres, 1 de novembro de 2024
SAMAÍN
Chegou un dos días máis esperados pola nosa cativada, a celebración do Samaín. Pasámolo en grande percorrendo o túnel do terror que conducía á casa da bruxa. Houbo sustos e tremores a moreas, diversión, risas a esgalla e tamén unha merecidísima recompensa!
-
En Meigasín, no día de Samaín, o alumnado do seu colexio tivo que esforzarse arreo para axudar ás meigas que coidaban da xente da súa vila, ...
-
Hoxe tivemos outra visita ben especial, nesta ocasión o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de conversar con María, unha ...
-
Os peques do cole recibimos a visita de Marison e Olaia, que nos achegaron un pouco máis ao mundo do San Cosmeiros. Amosáronnos como son as...

