Páginas

mércores, 12 de xuño de 2024

III FEIRÓN MARIÑEIRO

E chegamos á recta final dun curso marcado polo noso proxecto "Música e Arte".

Co "III Feirón Mariñeiro" poñeremos un punto e seguido ata o curso que vén. Este día está adicado a todos os membros da nosa comunidade educativa, en especial ás nenas e nenos de Portosín, que poderán desfrutar de xogos populares e inchables.

Ademais quen o desexe, pequenos e grandes, poderán traer a súa comida para comer ao aire libre no patio do cole.

Tamén haberá sardiñada a partir das 14:30 h.

Se gustades, xa sabedes, vémonos o día 20 de xuño.



xoves, 6 de xuño de 2024

SAÍDA 3º E 4º DE PRIMARIA

 O alumnado de 2° ciclo de primaria estivemos de saída cultural por Santiago. En primeiro lugar fixemos a camiñata do monte Viso, onde puidemos ver esculturas de seres mitolóxicos. Logo dirixímonos á Alameda, para facer un percorrido guiado, por Ángel Casillas, onde explicou a historia dalgunhas esculturas: García Lorca, Valle-Inclán, Rosalía de Castro e As Dúas Marías. E rematamos o día no Museo de Historia Natural. Foi unha xornada xenial, onde aprendemos xogando.








sábado, 1 de xuño de 2024

VISITA GRANXA ESCOLA BERGANDO

 Onte fomos á granxa escola de Bergando en Negreira. O alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria pasámolo en grande observando os animais e os coidados que precisan, montando en pony, deslizándonos pola tirolina e xogando sen parar, só paramos para comer, para iso si. Foi un día ben aproveitado, pois viñemos para a casa cunha experiencia inolvidable e tamén algo cansos/as.