Hoxe o alumnado de 2º a 5º de primaria asistiu no Coliseo Noela de Noia a un concerto didáctico fabuloso. Alumnado e profesorado do Conservatorio "Felipe Paz Carvajal" situado nesta vila deleitáronnos cunha presentación das familias de instrumentos musicais moi sinxela e divertida. Estámoslles moi agradecidos pola invitación.
mércores, 22 de maio de 2024
venres, 17 de maio de 2024
Letras Galegas 2024
Despois de moitos nervios, esforzo e preparación, por fin chegou o gran día da estrea! Os alumnos de sexto deleitáronnos coa adaptación da obra de Paula Carballeira titulada "Boas noites", unha actuación sublime e un espectáculo en toda regra. Continuamos coa celebración deste día das Letras Galegas cunha homenaxe musical a Luisa Villalta, poemas (acompañada ao violín de Ángel), interpretación da cantiga Camariñas e actuacións musicais puxeron o broche a unha xornada intensa pero marabillosa. Noraboa e grazas a todos/as que o fixeron posible.
martes, 14 de maio de 2024
FUNDACIÓN ENKI
Hoxe tivemos o pracer de contar no centro coa fundación ENKI de ocio inclusivo que se adican a axudar, a través do deporte e do ocio, a persoas con diversidade a sentirse parte da sociedade. Os representantes desta fundación contáronnos a súa situación persoal destacando as barreiras que atoparon polo camiño e como conseguiron sortealas, ademais de transmitirnos moitas mensaxes importantes.
Explicáronnos as diferentes adaptacións para practicar os deportes como triatlon, ciclismo, baloncesto ou atletismo. Trouxeron para mostrarnos unha bicicleta adaptaba que puidemos observar e manipular.
Agradecer ao Concello por contar con nós e darnos a oportunidade de ser partícipes desta grandiosa actividade. Foi unha experiencia moi reflexiva e inspiradora. Moitas grazas pola visita, estivo espectacular!
venres, 3 de maio de 2024
Froitómetro Abril- Maio
E chegamos a unha nova celebración da entrega de premios do froitómetro! Nesta ocasión os correspondentes ao mes de abril e maio. Seguimos por tanto incentivando o consumo de froita coa conseguinte repercusión positiva na saúde do noso alumnado. Coma sempre agradecer as familias por facelo posible e noraboa campións e campioas!
O Maio
-
En Meigasín, no día de Samaín, o alumnado do seu colexio tivo que esforzarse arreo para axudar ás meigas que coidaban da xente da súa vila, ...
-
Hoxe tivemos outra visita ben especial, nesta ocasión o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de conversar con María, unha ...
-
Os peques do cole recibimos a visita de Marison e Olaia, que nos achegaron un pouco máis ao mundo do San Cosmeiros. Amosáronnos como son as...