Dentro do Proxecto de centro "O mar e a pesca", tratamos os diferentes oficios relacionados con este eido, entre eles como non, o de REDEIRA. E que mellor forma de aprender que a través da vivenciación! Polo que hoxe tivemos un taller onde nos enseñaron "la mar" de aspectos do seu traballo diario. Non podemos estar máis agradecidos/as e máis orgullosos/as delas! Por iso vos queremos deixar unha mostra desta xornada tan especial
mércores, 16 de marzo de 2022
martes, 15 de marzo de 2022
OBRADOIRO CORRESPONSABILIDADE
Da man do Concello de Porto do Son o alumnado de 6º de Educación Primaria puido participar nun obradoiro sobre corresponsabilidade. O venres, tivo lugar unha primeira sesión na que o alumnado analizou de xeito crítico a porcentaxe de labores que realizaban nos seus fogares. Na segunda xornada, levouse a cabo unha parte máis práctica que consistiu en que os rapaces e rapazas se organizasen, traballando de forma cooperativa, co fin de sacar adiante as tarefas habituais dun día no fogar. Velaquí unha mostra desta actividade!
martes, 8 de marzo de 2022
8 M "Mulleres de sal"
Nesta xornada conmemórase o Día Internacional da muller, dende o CEIP portosín quixemos brindarlle unha cálida homenaxe ás nosas "Mulleres de Sal" que durantes estes últimos días nos deron a coñecer os seus oficios relacionados co mar e a pesca. Sentíndonos orgullosos de todas elas e agradecidos por todas as ensinanzas que nos aportan. Deixamos unha pequena mostra deste acto homenaxe que facemos extensible a todas e cada unha das mulleres que cada día loitan polos seus dereitos.
Premede na seguinte imaxe:
Conversa con María León. Patroa no cerco
Hoxe tivemos outra visita ben especial, nesta ocasión o alumnado de 5º e 6º de Primaria tiveron a oportunidade de conversar con María, unha auténtica "Muller de Sal" que é quen de gobernar unha embarcación. Titulada como patroa, é a única muller que faena a bordo no cerco de Portosín, superando as barreiras que día a día supón esta dura profesión.
Para que todas e todos poidades coñecer un pouco máis de preto a esta heroina, deixamos o enlace a dúas reportaxes que ofreceu anteriormente. Premede nas imaxes!
-
En Meigasín, no día de Samaín, o alumnado do seu colexio tivo que esforzarse arreo para axudar ás meigas que coidaban da xente da súa vila, ...
-
Xa temos gañadores do xogo de cascabela! cinco foron os equipos que chegaron ata a meta, pero tan só tres puideron acadar unha posición no ...